23 mar. 2016

Escalando, escalando!!!





Escalando, escalando, imos estando cada vez máis preto da cume deste monte que é 1º de Primaria. E para celebralo rematamos o segundo trimestre cunha unidade de 'escalada' en Educación Física que resultou do máis divertida.

16 mar. 2016

Floorball!!




O Floorball é un deporte moi divertido e atractivo no que, ademais de pasalo ben, desenvolvemos un montón de capacidades e habilidades grazas á utilización dun implemento e ao traballo colaborativo. Neste curso o resultado desta unidade didáctico foi moi bo.

12 feb. 2016

Acrosport!!






O Acrosport sempre ilusiona aos rapaces/as. Neste caso fixemos un montón de traballo, en moi pouco tempo. Aínda así, o resultado final pudo verse no festival de Nadal e foi un exitazo.

Noraboa!!

11 nov. 2015

O MAGOSTO



O venres 6 de novembro celebramos “O Magosto” no noso cole. Foi un día especial cheo de castañas e xogos.
Os compañeiros/as de 5º e 6º organizaron unha chea de xogos tradicionais para que todos participáramos neles.
Entre os xogos que fixemos estaban: os bolos, a comba, anelas, zancos,...

Foi moi divertido!!

23 oct. 2015

Xogando cos sentidos!




Unha voltiña máis de rosca ao tema dos sentidos. Neste caso practicando xogos sensoriais na áerea de Educacuón Física, aplicando os contidos aprendidos nas Ciencias da Natureza e divertíndonos un montón!



22 oct. 2015

Comezamos co ACROSPORT!


Como cada curso, na primeira avaliación, os rapaces e rapazas de 5º e 6º comezan a aprender e a practicar o deporte do Acrosport. Parece que este ano vai a haber unha moi boa representación no festival de Nadal.

Ánimo!!


9 dic. 2014

Acrosport 14/15




Aquí vos deixo uns enlaces a unhas fichas de figuras de Acrosport que atopei por internet que vos poden servir como punto de partida.